S.01 F.03.01.2026
Fundado en 1987 en Berna (Suíza), somos un centro internacional de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) para o sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
A nosa vocación é democrática, pública e aberta.
O noso obxectivo é crear software e hardware que faciliten con total seguridade a comunicación digital entre persoas e empresas.
Que é 121.tf?
121.tf é un sitio web en Internet.
Que fai 121.tf?
121.tf evita perder tempo deletreando un a un os teus datos, por exemplo o teu correo electrónico, o teu enderezo, o teu web, etc. mentres mantes unha conversa telefónica ou en directo cunha persoa. 121.tf evita os erros típicos de transmisión.
Como me axuda 121.tf a transmitir os meus datos?
Só indica un número á persoa coa que estás a falar e esta poderá ver todos os datos que desexas transmitir en 121.tf
Onde consigo o meu número?
Entra en 121.tf, toca o botón [ OBTÉN O TEU NÚMERO ], indica o teu correo de contacto e elixe o número que queiras.
Podo ter máis dun número?
Si, tantos como precises.
Podo borrar o meu número cando queira?
Si, a través do correo de contacto recibirás unha ligazón para borrar o teu número definitivamente.
Podo modificar os meus datos?
Si, recibirás un correo cunha ligazón para editar o teu número cando queiras.
Podo agochar o contido?
Si, selecciona a opción "Agochar tarxeta" ao creala.
Como vexo a miña tarxeta oculta?
Busca o teu número e introduce a chave que recibiches por correo.
Como ven outros a miña tarxeta oculta?
Debes facilitarlles o teu número e a chave.
Podo cambiar a chave?
Si, desde a ligazón no correo de xestión.
121.tf entrega un QR?
Si, recibirás o QR no teu correo.
Por que non recibín o correo?
Mira na túa carpeta de correo lixo (spam).
Moi importante
Garda os correos de 121.tf xa que son a única chave para controlar totalmente o teu número.